miércoles, 28 de octubre de 2015

O castro de Castrillón

Vou falar dun castro pouco coñecido que hai en Meirás, o meu lugar de nacemento: o Castro de Castrillón.

É un castro galaico ou galaico-romano de mediana extensión. Está situado preto da estrada AC-116, de Ferrol a Cedeira.

Castro na actualidade




                               Fotografía aérea VA 1956-57. Fuente: IDEG (usada con permiso)
                                                               Castro en 1956-1957

 Conta a lenda que o lugar era escondite dos mouros e que había moito ouro e tesouros na zona, coñecida dende tempo inmemorial como croa e castro. Con respecto á forma actual, din que tiña uns tres metros máis de altura, con gran cantidade de pedras asentadas con terra, adquirindo grandes dimensións con apariencia circular, coma un volcán.
Hai quen recorda ter atopado na súa nenez unhas moedas amarelas, mentres que outras persoas fan referencia a unha caixa redonda de madeira fina, con tapa, contendo uns polvos que ulían moi ben, e que apareceu  nun oco de terra no talud do antecastro. Precisamente, ese ribazo era recordado sen inclinación nos anos 50, feito de pedra e terra.
Os recordos da excavación que rebaixou a altura do castro quedaron na memoria da xente polo volume da mesma (tanto que case chega a haber denuncias polo deterioro da estrada, a causa do tránsito dos camións) e pola especulación de se se excavou no medio en busca de algo.
E, como uso quizáis chamativo que tivo o castro antes de convertirse nunha zona de plantación de árbores ou de pasto, está a imaxe do mesmo como lugar para facer sinais na guerra.