domingo, 13 de marzo de 2016

FALTRIQUEIRA

FALTRIQUEIRA é un grupo musical feminino que surxiu no veciño Pontedeume a principios dos anos 90.

A traxectoria destas rapazas comeza na Asociación folklórica e cultural Orballo. O grupo está composto por voces femininas modernas, pero respectando a música tradicional galega.

Descubrín este grupo cando andaba a buscar o tema "A saia de Carolina" e, escoitando máis cancións delas, dinme conta de que me gustaba a forma de interpretar que tiñan e as súas cancións me facían recordar a miña infancia.

 
De todas as cancións que cantan estas rapazas a miña favorita é "A saia de Carolina" porque é a canción que a miña avoa me cantaba cando era pequena.







Outra canción que descubrín gracias a elas foi "Corpiño xeitoso" do ferrolán Andrés do Barro (o primeiro e único que conseguiu levar a número un unha canción en galego en plena dictadura franquista)










domingo, 6 de marzo de 2016

AS MENINAS DE CANIDO

As Meninas chegaron ao barrio ferrolano de Canido para quedarse. O que empezou en 2008 como protesta pictórica contra unha gamberrada e para servir como reivindicación contra o abandono urbanístico desta parte  de Ferrol xa está consolidado como unha singular iniciativa artística.

A  protesta, liderada polo pintor Eduardo Hermida, pai intelectual do evento, consistía en realizar intervencións artísticas sobrelas deterioradas paredes do barrio tomando como referencia o cadro de Velázquez. Naquel momento, ninguén imaxinou que chegaría a convertirse un evento tan importante do que xa se celebraron seis edicións. 





Eduardo Hermida na porta da súa casa en Canido 


 Paredes, muros, tapias uo garaxes sirven como mural para estampar a particular visión que cada un dos participantes ten da obra máis célebre de Diego Velázquez.



Estes son algúns exemplos que podemos ver se nos acheganos ao barrio de Canido:


 En plena faena, pintando meninas en la edición de 2014 (foto: M.C.)