Moitas
familias que viron como os seus familiares desapareceran, nunca se cansaron de
buscalos ata atopar a verdade do ocorrido. É o caso das familias de Alejandro
Porto Leis e os tres amigos que o axudaron, fusilados na Praia da Frouxeira.
Paulino Gasalla
encontra por casualidade un paquete de recortes e recordos familiares e comeza
una investigación para recuperar a memoria do tío-avó da súa muller, Alejandro
Porto Leis, o último alcalde republicano de Serantes, asesinado en 1938.
Alejandro
Porto chegou a ser alcalde de Serantes en 1931. Casou e pouco despois foi
detido condenado por rebelión militar en plena II República, por un revólver
que tiña na casa. En 1936 foi amnistiado, pero el botouse ao monte, onde pasou
dous anos, nun zulo en Santa Marina ou en covas de Cobas e San Xurxo, axudado
por tres amigos: Modesto, Xesús e Avelino. Cando enfermou, acudiu ao médico e
este denunciouno.
O documental
O segredo da Frouxeira presenta a
historia de dous irmáns, separados por cuestión ideolóxicas en dous bandos da
Guerra Civil. Un deles é Alejandro Porto Leis.
Ata o este
descubrimento os familiares acusábanse mutuamente e silenciaron durante anos o
ocorrido por sentilo como algo avergonzante, polo que as novas xeracións non
sabían nada do que lles pasara aos seus familiares.
No seguinte enlace pódese ver o trailer do documental ao que me refiro: