martes, 24 de noviembre de 2015

O segredo da Frouxeira




Moitas familias que viron como os seus familiares desapareceran, nunca se cansaron de buscalos ata atopar a verdade do ocorrido. É o caso das familias de Alejandro Porto Leis e os tres amigos que o axudaron, fusilados na Praia da Frouxeira.

Paulino Gasalla  encontra por casualidade un paquete de recortes e recordos familiares e comeza una investigación para recuperar a memoria do tío-avó da súa muller, Alejandro Porto Leis, o último alcalde republicano de Serantes, asesinado en 1938.


Alejandro Porto chegou a ser alcalde de Serantes en 1931. Casou e pouco despois foi detido condenado por rebelión militar en plena II República, por un revólver que tiña na casa. En 1936 foi amnistiado, pero el botouse ao monte, onde pasou dous anos, nun zulo en Santa Marina ou en covas de Cobas e San Xurxo, axudado por tres amigos: Modesto, Xesús e Avelino. Cando enfermou, acudiu ao médico e este denunciouno.


O documental O segredo da Frouxeira presenta a historia de dous irmáns, separados por cuestión ideolóxicas en dous bandos da Guerra Civil. Un deles é Alejandro Porto Leis.

Ata o este descubrimento os familiares acusábanse mutuamente e silenciaron durante anos o ocorrido por sentilo como algo avergonzante, polo que as novas xeracións non sabían nada do que lles pasara aos seus familiares.


No seguinte enlace pódese ver o trailer do documental ao que me refiro: 








A Guerra Civil deixou pegada en todas as familias galegas




 A Guerra Civil Española e as súas víctimas  desde 1936 a 1939 trouxeron dor, morte, desesperación, fame... Aínda hoxe non se atoparon moitos corpos dos españois e non españois fusilados, exiliados, mortos en cunetas, mortos en cárceres, mortos en combate. Aínda hoxe se están buscando para darlles un descanso digno.




Na miña familia aínda hoxe recordan a un dos irmáns da miña bisavoa, ao que levaron preso, Según lles dixeron,  estaba acusado de facer fronte ás tropas sublevadas e o levaban a xuizo. Pero nunca máis se volveu a saber del.







Non se fala moito do tema, quizais por vergoña, quizais porque é moi duro recordar que  hai un familiar do que non se volveu a saber nada, e  ao que nin tan sequera lle poden levar un ramo de flores a donde está soterrado. Porque o seu corpo non apereceu, seguramente perdido nalgunha cuneta ou en calquera fosa onde ninguén o poida lembrar. Estas palabras oínllas á miña bisavoa. Dicíaas con moita tristura a pesar dos anos xa transcorridos.







Un estudio realizado en Galiza conclúe que oito de cada dez vítimas da represión franquista en Galiza foron paseadas. So entre 1936 e 1939 se rexistraron 4474 mortes extraxudiciais. Soían ser  xente nova de clase obreira e popular, residentes en A Coruña, Ferrol e Vigo, e asasinados no primeiro ano.

domingo, 8 de noviembre de 2015

Camiño de Santiago ou Camiño de Prisciliano?

A tradición secular cristiana, leva séculos contando que o cadáver de Santiago chegou ata Galicia nunha  balsa. A partir do século VIII comenzou a peregrinarse desde todo Occidente hasta Galicia para venerar os seus restos, movemento que dura ata a actualidade e crece cada ano .  


  


A tradición conta que Santiago o Maior, apóstol de Xesús, predicou no norte de Hispania. Trala súa morte, decapitado en Xerusalén por órdenes de Herodes foi trasladado a Compostela. Según esta tradición, o corpo decapitado de Santiago foi levado nun barco dende Xudea ata  Fisterra e posteriormente enterrado en Compostela.




Pero hai quen afirma que Santiago si foi decapitado por Herodes en Xerusalén no ano 42, pero foi enterrado en Palestina, nunca chegaría entón a Galicia. Coa proba do  carbono 14 radiactivo sería fácil probar que os restos da catedral son dun hombre do século I, pero nunca se fixo.


A QUEN PERTENCEN ENTÓN OS RESTOS QUE SE VENERAN NA CATEDRAL?

Unha segunda lenda conta que na tumba está o herexe Prisciliano de Ávila, que foi executado en Tréveris, sendo a primeira víctima da Igrexa condenada por herexía a morte. A lenda narra que, trala execución de Prisciliano, foi levado a Compostela e enterrado xunto a outros seis dos seus seguidores. 


Penso que nunca chegaremos realmente a saber quen está enterrado na catedral de Santiago. 

Santiago o Maior?
Prisciliano?
Ningún dos dous?

Cada un que pense o que queira e que venere a quen prefira. Unha visita a Santiago de Compostela e á súa catedral sempre paga a pena.


Outros castros en Meirás

CASTRO DE LAVACERIDO


Atópase situado na costa, moi preto da famosa praia do Río, na chamada Península Sarda.


 
Cóntase que estaba formado por dúas liñas defensivas que protexen, a lo longo duns 160 m., a zona entre o Este e o Sur. A segunda delas presenta maior distancia neste punto, polo que se pensa que orixinalmente había dous tramos intercalados entre si.
A entrada orixinal estaba na zona Sur e había un camiño no extremo este.

Actualmente é unha zona de difícil acceso e nada ten que ver coa estructura orixinal, debido sobre todo á construcción de numerosas galerías de mina para a extracción de arsénico no século XX. Tamén o peche das entradas ás galerías destas minas modificaron o estado do castro.


Dise que este castro estaba relacionado co...



CASTRO DE SANTO TOMÁS


Aínda que na actualidade está desaparecido, como se pode ver na seguinte foto, sábese que tiña forma ovalada.




A antiga igrexa de Sto. Tomás de Taraza atopábase no interior do castro.




Cóntase que este castro era de enorme altura, con murallas altísimas, duns 6 metros.  Durante a súa remodelación encontráronse enormes pedras que, según a tradición, foron colocadas alí polos mouros. Tamén se di  que era cementerio de mouros  xa que  se chegaron a desenterrar varios ósos.


É unha mágoa que estes castros nos conserven a súa estructura orixinal, poderíamos saber mellor como era a forma de vida dos antigos poboadores desta zona.


domingo, 1 de noviembre de 2015

A costa de Meirás

Toda a costa de Meirás está formada por fermosos cantís e impresionantes praias.

A primeira praia que atopamos é a de Campelo. Rodeada por impresionantes cantís, esta praia de area branca é moi característica polas súas grandes pedras.





A seguinte praia, a do Río, é quizais a máis coñecida de Meirás porque ao seu redor dispón de numerosos servicios, e porque é a única de Meirás con bandeira azul.




A praia dos botes é unha praia pequena,  zona de fondeo de embarcacións. Está marcada polo vento e a forte oleaxe.







Outra das fermosas praias da Meirás é a praia de O Porto, principalmete pola capela de Virxe do Porto. Tamén nela fondean pequenas embarcacións.




Entre estas praias hai outras máis pequenas e tranquilas: O Rego, o Cano grande, a Praia dos Curas. Todas moi recomendables durante o verán.

A costa de Meirás remata na Punta Frouxeira, unha zona moi coñecida, tanto por sucesos tráxicos, xa que alí ocorreron varios accidentes relacionados co mar; coma por outros máis alegres xa que foi escenario de películas e videos musicais.


Nesta zona sitúase temén o Faro de A Frouxeira.





En conxunto, toda a costa de Meirás é moi fermosa.