domingo, 21 de febrero de 2016

A Condesa Rebelde

Emilia Pardo Bazán era filla dunha familia galega noble. Naceu en A Coruña en 1851 e morreu en Madrid no ano 1921. O seu pai era conde e a súa nai foi a que a estimulou a ler libros, así que aos 9 anos xa comezou a amosar interese pola escritura.

Aos 17 anos casou con José Quiroga, co que tivo dous fillos, e trasladouse a Madrid .

No seu libro A cuestión palpitante reúne as súas ideas sobre o Naturalismo. Con el provocou tal escándalo na sociedade da época, que o seu marido pediulle que se retractara publicamente dos seus escritos. Isto provocou o fin do matrimonio, que se separou en 1884.

Pouco despois iniciará unha relación, que durará máis de vinte anos con Benito Pérez Galdós.

Á súa producción literaria uniuse a súa implicación coa igualdade entre homes e mulleres. Funda e dirixe en 1892 a publicación A Biblioteca da Muller e comeza a denunciar a desigualdade educativa entre o home e a muller

Conseguiu ser a primeira muller en  presidir a Sección de literatura do Ateneo de Madrid e a primeira en ocupar unha cátedra de literaturas neolatinas na Universidade Central de Madrid.

 

Emilia Pardo Bazán, en Actualidades.jpg

 

 

 Fotografía de Emilia Pardo Bazán publicada en 1908

 

 

 

 No ano 2011 a película, A Condesa rebelde reivendicará a figura desta muller.

 

 

 

 https://www.youtube.com/watch?v=oD3rOqNuoU0

 

 

 

Xosé Chao Rego, revulsivo galego da igrexa

O teólogo e escritor Xosé Chao Rego naceu en Vilalba (Lugo) no ano  1932 e morreu o ano pasado en Santiago. Irmán do periodista e escritor Ramón Chao e tío do famoso cantante Manu Chao, estudou filosofía en Salamanca  e Madrid, e Teoloxía en Roma. Foi párroco durante 17 anos na parroquia de Santa Mariña do Vilar, en Ferrol e chegou a estar preso por alinearse co proletariado. Tras secularizarse foi profesor de instituto en Vilalba e Santiago. Convertiuse nun símbolo para a nova Igrexa de base galega e os colectivos que buscan a renovación do Catolicismo desde os cimentos das comunidades cristiáns.




Pepe Chao
Xosé Chao durante a súa etapa como cura en Santa Mariña


 Publicou decenas de ensaios e de obras relacionadas con asuntos culturais e sociais, e desde o ano 2002 era socio de honor da Asociación de Escritores en Lingua Galega.

O seu irmán dedicoulle estas palabras hai uns anos:

O Pepe e máis eu non somos xemelgos biolóxicos, pero afectivamente si. Lémbrome de que cando eu tiña seis ou sete anos, e el tres máis, durmiamos xuntos abrazadiños como se estivéramos no mesmo ventre materno. Este estado idílico rompeuse cando o noso pai –moi ateo e repubricano- metéuno no seminario de Mondoñedo para que fixera os cursos suficientes e convalidalos polo bacharelato, para despois sacalo de alí. Pero no intre ao Pepe entroulle a fe, e negouse a sair, ficando eu só no leito. El volvia a Vilalba cada nove meses, pero xa en plan místico. Andaba coa banda de seminaristas do pobo, entre elles Xenaro Currás, Xosé Luis Parga, Rouco Varela e Bernardo García Cendán, todos capitaneados polo párroco Gabriel Pita da Veiga e máis tarde polo nefasto Adolfo Pato.
Aos once anos funme a Madrid, cunha beca do Concello de Vilalba, e regresaba polos veráns, cada vez máis antifranquista, ainda que “roxo, roxo”, non me fixen até marchar a Paris. Aí cortáronse as relacións co Pepe, de máis en máis católico-nacionalista. Estivemos anos sen vernos, até que foi ordenado en Roma polo papa Pio XII, quen fixo a miragre de que me saltaran as bágoas cando daquela deume a segunda e derradeira comunión da miña vida.
Tamén o Pepe foi a Paris, vivindo na parroquia do gran filósofo do Renacemento, François Rabelais. O coadxutor da parroquia era o crego Aubry, altermondialista partidario da Teoloxía de Liberación e logo do subcomandante Marcos. Con estas influenzas, o meu irmán estaba máis que preparado para asumir o mando da parroquia de Santa Mariña, preto do Ferrol e centro das Comisións Obreiras da zona. Foi procesado, tratado de crego roxo e destituido. Xa tiñamos novos temas de conversa e voltamos a ser os mesmos irmáns de médio século antes. E agora non pasan dous o tres días sen que o chame desde onde estea. Por iso hoxe quero, desde a distancia, darlle unha forte aperta.
Ramón Chao  en A voz de Vilalba




Neste video pódese ver o cariño que lle tiñan na parroquia na que exerceu como párroco.



miércoles, 10 de febrero de 2016

FERROL REBELDE

O concello de Ferrol puxo en marcha, hai uns meses un roteiro didáctico que percorre lugares significativos da cidade co obxectivo de recuperar a memoria de todos os obreiros da cidade que loitaron pola democracia e os dereitos laborais. 


Nunha entrevista publicada no diario "La Voz De Galicia", o guía do roteiro, Marcos Abalde, dicía o seguinte:


"Ferrol ten unha historia extraordinaria de loita obreira e eu diría que non só se descoñece, senón que tampouco se valora o suficiente. Foi unha loita pola solidariedade, pola dignididade, na que os traballadores se mobilizaron para defender aos explotados e aos humildes. Con este roteiro se intenta poñer en valor toda esa loita."

No roteiro fanse oito paradas, entre as cales se atopa a praza das Angustias, onde a finais do século XIX se editaba o xornal El Obrero; a antiga porta dos asteleiros, onde tiveron lugar os sucesos do 10 de marzo; ou a rúa da Terra, escenario do asasinato de Moncho Reboiras, onde remata o roteiro.

O roteiro comeza no Cantón, na esquina donde un día estivo o edificio do Concello - o guía comeza o relato en 1872, cando máis de mil homes saíron da Porta do Dique para tomar o Concello, a praza de Armas e Batallones, asaltando o cárcere -ahora sede de Afundación-, para liberar aos presos políticos.



A segunda parada é a plaza das Angustias, moi cerca da placa dedicada ao fundador del PSOE y e a UXT, Pablo Iglesias, e coa vista posta no portal número 4. Esa foi a sede da primeira agrupación socialista de Ferrol, con Francisco Fernández García á cabeza.


O edificio do Ateneo, tamén na rúa Magdalena, é a seguinte parada . Alí, lémbrase a José López Bouza, o emigrante retornado que xunto a Raimundo Castro foi un dos principais cabecillas da folga de 1913.


Na Rúa Real, donde ata fai pouco estaba Springfield, na época republicana o edificio albergou o Centro Obreiro de Cultura, «a máis importante institución de Ferrol nese tempo». Contaba coa biblioteca máis completa -máis de 10.000 volúmenes-, na que se ilustou Torrente Ballester e deu a súa primera conferencia Carvalho Calero; tamén era unha escola para orfos e sección de Historia Natural, para elevar o nivel cultural dos obreiros.

A seguinte parada é o edificio de Correos. Tanto a súa portada como a vidrieira no seu interior reproducen o escudo da República. 



O roteiro volve de novo á Praza das Angustias número 4 donde se seguía editando El Obrero.


Segue ata o número 59 da rúa Carlos III, en Esteiro para coñecer a casa do republicano Arsenio Espilla, na que se fraguaría a Alianza Nacional de Fuerzas Democráticas.


muro do  Asteleiro é a seguinte parada .


O roteiro remata no portal da rúa da Terra donde hai unha placa recordando ao sindicalista galego Moncho Reboiras, no lugar onde morreu.



PEPA A LOBA, LENDA OU REALIDADE?

PEPA A LOBA, LENDA OU REALIDADE?


A historia de Pepa a loba, a famosa bandoleira galega, foi construída sobre distintas historias que se foron transmitindo oralmente ao longo do tempo dende o século XIX. 

Pepa a Loba era galega, aínda que non se sabe exactamente o seu lugar de nacemento, ne quen fora o seu pai.

Na súa xuventude presencia un acontecemento que a marcaría para o resto da súa vida: a súa nai é violada diante dela por un descoñecido. A nai queda embarazada e morre no parto.

É acollida pola súa tía, que pouco despois a manda vivir co tendeiro, que a trata como unha filla e fai testamento a favor dela. Pouco despois, el aparece morto cun coitelo cravado no peito. Pepa é acusada do asasinato e condenada a cadea perpetua.

Pasa un tempo no cárcere de Pontevedra, de onde escapará disfrazada de cura tras atacar ao capelán. Volve ao seu pobo e, coa axuda do seu fiel can, mata ao irmán do tendeiro (como vinganza, xa que sospeitaba que el fora o asasino do seu irmán).

Esa sería a primeira acción de Pepa a Loba, que posteriormente irá ao monte a vivir e formará a banda de bandoleiros (algúns din que formada so por mulleres): A Cuadrilla de Pepa a Loba, coa que realizará numerosos roubos e asasinatos, principalmente na provincia de Pontevedra.

Non está moi claro como morreu, uns din que no cárcere da Coruña, outros que nun dos seus asaltos.

Hai moi poucos escritos sobre esta muller. O máis importante é o de outra ilustre muller galega: Concepción Arenal, quen a menciona nun dos seus escritos tras a súa visita ao cárcere da Coruña.


A historia desta muller indómita e combativa segue a estar presente e foi recordada ao longo do tempo.

Carlos G . Reigosa escribiu un libro.



Os Herdeiros da Crus titularon un dos seus álbumes así: 

A Cuadrilla De Pepa A Loba

Incluso hai un Albariño que leva o seu nome:

vino web