Estamos no ano 2050. Teño xa máis
de 50 anos e, na miña casa comezo a pensar nos meus anos
mozos. Os meus pensamentos, como sempre, seguen sendo en galego, a miña lingua
materna, a que me
ensinaron os meus pais e os meus avós. Sen embargo, cando falo no
traballo, ou cos meus amigos, ou cando fago a compra...en calquera outro
momento, non o uso. Teño un fillo xa adolescente ao que nunca lle falei en
galego. Nin el, nin os seus amigos saben que existiu outra lingua en Galicia,
nunca oíron a ninguén falalo, nin na escola lles explicaron que anteriormente
aquí en Galiza tiñamos un idioma propio, unha cultura propia que nos identificaba, e da que chegamos a
estar moi orgullosos. Todo iso esqueceuse e ocultouse cando O Goberno decidiu
suprimir todos os idiomas diferentes ao castelán. Galicia deixou de ser unha
Comunidade bilingüe e o galego deixou de ser un idioma oficial. Chegou a estar
prohibido, ninguén podía publicar en galego, desapareceron os libros, os
periódicos, os programas de televisión ou de radio. Suprimiuse a asignatura de
galego nas escolas e, aínda que nun principio a xente o seguía a falar, co paso
do tempo comezou a desaparecer.
Estudaba na universidade e, xa desde había tempo, o uso do galego
comezara a diminuir entre nós. So as persoas de maior idade o falaban. Comezaba
a ser difícil atopar libros en galego porque as editoriais non querían
publicalos, xa que deixaban de recibir subvencións. O mesmo pasaba cos
programas de televisión e os periódicos. Dende o goberno intentábase dar prioridade ao
castelán. Así, pouco a pouco, sen apenas darnos conta, o galego foi
desaparecendo.
Comecei a sentirme mal, mareada,con náuseas e.....de repente.....despertei!
Afortunadamente todo fora un soño e, a situación do galego
aínda non era tan dramática.
Desde ese día fixen a promesa de promover o uso do galego para que o meu
soño, mellor dito, pesadelo, nunca chegue a facerse realidade.