martes, 24 de noviembre de 2015

A Guerra Civil deixou pegada en todas as familias galegas




 A Guerra Civil Española e as súas víctimas  desde 1936 a 1939 trouxeron dor, morte, desesperación, fame... Aínda hoxe non se atoparon moitos corpos dos españois e non españois fusilados, exiliados, mortos en cunetas, mortos en cárceres, mortos en combate. Aínda hoxe se están buscando para darlles un descanso digno.




Na miña familia aínda hoxe recordan a un dos irmáns da miña bisavoa, ao que levaron preso, Según lles dixeron,  estaba acusado de facer fronte ás tropas sublevadas e o levaban a xuizo. Pero nunca máis se volveu a saber del.







Non se fala moito do tema, quizais por vergoña, quizais porque é moi duro recordar que  hai un familiar do que non se volveu a saber nada, e  ao que nin tan sequera lle poden levar un ramo de flores a donde está soterrado. Porque o seu corpo non apereceu, seguramente perdido nalgunha cuneta ou en calquera fosa onde ninguén o poida lembrar. Estas palabras oínllas á miña bisavoa. Dicíaas con moita tristura a pesar dos anos xa transcorridos.







Un estudio realizado en Galiza conclúe que oito de cada dez vítimas da represión franquista en Galiza foron paseadas. So entre 1936 e 1939 se rexistraron 4474 mortes extraxudiciais. Soían ser  xente nova de clase obreira e popular, residentes en A Coruña, Ferrol e Vigo, e asasinados no primeiro ano.

No hay comentarios:

Publicar un comentario