miércoles, 10 de febrero de 2016

PEPA A LOBA, LENDA OU REALIDADE?

PEPA A LOBA, LENDA OU REALIDADE?


A historia de Pepa a loba, a famosa bandoleira galega, foi construída sobre distintas historias que se foron transmitindo oralmente ao longo do tempo dende o século XIX. 

Pepa a Loba era galega, aínda que non se sabe exactamente o seu lugar de nacemento, ne quen fora o seu pai.

Na súa xuventude presencia un acontecemento que a marcaría para o resto da súa vida: a súa nai é violada diante dela por un descoñecido. A nai queda embarazada e morre no parto.

É acollida pola súa tía, que pouco despois a manda vivir co tendeiro, que a trata como unha filla e fai testamento a favor dela. Pouco despois, el aparece morto cun coitelo cravado no peito. Pepa é acusada do asasinato e condenada a cadea perpetua.

Pasa un tempo no cárcere de Pontevedra, de onde escapará disfrazada de cura tras atacar ao capelán. Volve ao seu pobo e, coa axuda do seu fiel can, mata ao irmán do tendeiro (como vinganza, xa que sospeitaba que el fora o asasino do seu irmán).

Esa sería a primeira acción de Pepa a Loba, que posteriormente irá ao monte a vivir e formará a banda de bandoleiros (algúns din que formada so por mulleres): A Cuadrilla de Pepa a Loba, coa que realizará numerosos roubos e asasinatos, principalmente na provincia de Pontevedra.

Non está moi claro como morreu, uns din que no cárcere da Coruña, outros que nun dos seus asaltos.

Hai moi poucos escritos sobre esta muller. O máis importante é o de outra ilustre muller galega: Concepción Arenal, quen a menciona nun dos seus escritos tras a súa visita ao cárcere da Coruña.


A historia desta muller indómita e combativa segue a estar presente e foi recordada ao longo do tempo.

Carlos G . Reigosa escribiu un libro.



Os Herdeiros da Crus titularon un dos seus álbumes así: 

A Cuadrilla De Pepa A Loba

Incluso hai un Albariño que leva o seu nome:

vino web

No hay comentarios:

Publicar un comentario