domingo, 3 de abril de 2016

A desaparición das librarías

Mentres escribía a miña anterior entrada sobre a desaparición da maioría das salas de cine en Ferrol, dinme conta de que non son o único tipo de establecemento que foi desaparecendo nos últimos anos. Hai outro sector, tamén relacionado coa cultura, que está sufrindo unha crise dende hai tempo. Estou a falar das librarías, eses lugares desde os que se espalla cultura en forma de libros. A crise económica, a falta de interese da xente nova pola literatura e as novas tecnoloxías, están facendo que se compren menos libros impresos. A aparicion do libro electrónico, co que se poden descargar infinidade de libros, que ocupan moito menos espazo que os libros físicos (moitos deles de forma gratuita), é unha das causas de que as librarías acaben pechando.

En Ferrol, todos coñecemos a Central Librera, na Rúa Real e na Rúa Dolores; a libraría Cantón 4 , nos Cantóns.
  


Pero xa non están a Librería Helios, que estaba tamén na Rúa Real e cerrou no ano 1999 ou a librería Quijote, que cerrou hai pouco, no ano 2014, e que abrira no ano 1967.

 «Cerrado por melancolía», pon no cartel que o seu propietario colocou no escaparate «Pensaba continuar algún tempo máis, pero xa é imposible», di o seu propietario José Luis, un libreiro que ama os libros casi como a propia vida, porque máis que vivir deles, vivíu para eles».

Ramón Loureiro



Afortunadamente tamén van aparecendo novas librarías que parece que queren plantar cara a esta crise lectora.

Na Rúa Galiano, abriron hai pouco unha nova: Librería Nobel


 


Ou  Libraría Rosetta, na Rúa Magdalena. Aínda que non é so unha libraría. Está dedicada ao libro antigo, pero tamén vende vinilos, postais, carteis e moitos máis obxectos de colecionismo.


A diminución do número de librarías podémola comprobar tamén na Feira do libro que se celebra todos os anos en Ferrol. Hai anos había moitísimas máis casetas de diferentes librarías ao longo de todo o Cantón, das que hai agora. Se estades interesados en acudir a algunha das feiras do libro que se celebrarán este ano, este é o calendario:


 

En Ferrol, celebrarase do 20 ao 24 de abril. sempre se celebran actividades paralelas e algúns dos escritores pasan pola feira a firmar libros.

Escribindo esta entrada lembrei que oíra falar do último libro do escritor Manuel Rivas: "O último día de Terranova", unha homenaxe ás librarías. Penso que fixo esta homenaxe porque son unha ponte entre os escritores e os lectores.

No hay comentarios:

Publicar un comentario