domingo, 3 de abril de 2016

Que pasou coas salas de cine na nosa cidade?

Confeso que a miña maior afección é o cine. Vexo moitas películas ao longo do ano e disfruto indo ao cine. Penso que esta afección herdeina dos meus pais. Cando era pequena levábanme case todas as fins de semana ao cine. Para min era un lugar máxico. Mentres vía a película, na escuridade da sala , mirando aquela pantalla tan grande e co son que me envolvía todo arredor, parecía que estaba noutro mundo. 
Co paso do tempo esa sensación non cambiou, o que cambiou foi o tipo de películas que vexo.

Normalmente, cando ía ao cine, tiña que ir a Odeón, en Narón. 


Algunha vez tamén teño ido ao Duplex, en Esteiro, un cine con unhas salas máis modestas, con pantallas máis pequenas, pero que tamén teñen o seu encanto.

 


 En Ferrol, é a única sala de cine que queda. Eu non coñecín ningunha outra, pero moitas veces oín falar aos meus pais que antes ían a outras salas, en Ferrol, si, en Ferrol; sen ter que desprazarse a ningún outro sitio. Así que me puxen a buscar información, e resulta que tiñan razón. En Ferrol había varias salas de cine repartidas pola cidade. Estos son os cines que atopei:


CINE AVENIDA - Estaba na Rúa Dolores, 54-56. Cerrado en 1998

 CINE AVENIDA-FERROL-MONTAJE
CINE CINEMA - a actual sede de Sargadelos, na Rúa Rubalcava, 30-32. Polo menos o seu espacio dedicouse tamén á cultura.




CINE MADRID - PARÍS - na Estrada de Castela, 23. Abriu no ano 1947 e pechou no 1986. Un ano despois volve a abrir, pero co nome de CINE AZUL, que pechará no ano 2003. Agora, no seu lugar hai unha tenda de produtos de beleza e estética.





CINE JOFRE - Aínda está en uso, pero funciona máis como auditorio. Xa non se proxectan películas, salvo en ocasións especiais, para centros de educación. Está na Praza de Galicia.



CINE CAPITOL - na Rúa Real. Xa non queda nada deste edificio. Foi substituído por outro edificio de vivendas con baixos comerciais. Queda no recordo da xente da zona ou dos que puideron disfrutar dalgunha película dentro.


 




CINES GALICIA - Frente a Praza da Ilustración. Agora o local está ocupado por un supermercado. Cando estaba en funcionamento as colas para coller a entrada chegaban ata a Estrada de Castela. Meus pais dinme que eu si teño ido con eles a ese cine, pero debía de ser moi pequena porque non o lembro.




 CINES GOYA - na Rúa do Sol, 162. Aínda podemos ver a sala, que hai anos que está vacía e cada vez máis deteriorada.


 



CINE CALLAO -  Inaugurado no 1935. Obra do arquitecto Rodolfo Ucha.
En 1976 foi derribado, e construiuse o edificio actual onde hai unha oficina do BBVA.




CINE RENACIMIENTO - máis coñecido como Cine Rena, na Rúa do Sol. Construído nos anos 20. Un fermoso edificio agora en ruínas. Proxectou a última película no ano 1989. Dende entón sufríu varios incendios e estivo a punto de ser derribado.

 
 


Non sei se había máis cines en Ferrol, seguro que si, pero estes son os que atopei. No resto dos concellos pasou algo similar, moitas salas de cine foron desaparecendo para quedar salas multicines en centros comerciais e a uns prezos moi altos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario