miércoles, 4 de mayo de 2016

Ás veces, o futuro non é tan malo

Hoxe é o meu aniversario. Teño xa...uns cantos anos. Non vos direi cantos, pero son máis dos que aparento porque xa desde moza me gustou presumir e coidarme, así que me conservo moi ben. Pero como vou cumprir un número tan redondo, vou parar a pensar un pouco e botar a vista atrás .Confeso que agora estou moi a gusto, vivo ben. Teño unha familia marabillosa e un traballo que me enriquece cada día. Pero non sempre foi así. Cando, con dezaoito anos, rematei o Bacharelato e decidín estudar Maxisterio, non tiven moitos apoios. Eu quería traballar con nenos de Primaria, iso tíñao moi claro, quería ensinar, transmitir os meus coñecementos aos nenos. Todos me dicían que era moi difícil conseguir unha praza, que as oposicións eran moi duras e que os mestres estaban moi mal vistos. Ninguén os respectaba, nin alumnos, nin pais, nin a sociedade en xeral. Pensaban que eran uns vagos, que unha vez que conseguían unha praza, só se dedicaban a vivir ben. ademais estaba o tema das vacacións: dúas semanas polo Nadal, unha semana en Semana Santa  e máis de dous meses no verán. Todo un "choio" que a xente vía con malos ollos.

A única persoa que me apoiaba era a miña nai. "Fai o que queiras, o que che guste a ti" me dicía ela. E así fixen. Estudie maxisterio, aprobei con moi boas notas. Preparei as miñas oposicións e, a primeira vez que me presentei aprobei con moi boa nota, aínda que non collín praza. Comecei pouco a pouco facendo substitucións por toda Galiza e así foi como me fun dando conta de que había moita xente nova coma min, con ganas de cambiar a ensinanza, con ideas novas que daban moi bos resultados. Os novos mestres comezamos a cambiar os nosos métodos, a relación cos nosos alumnos e cos pais. Así, o papel do profesor comezou a cambiar tamén e comezaba a valorarse o seu labor. O noso esforzo por facer as clases máis amenas, por involucrarnos no mundo dos nenos e das súas familias, ía levándonos a cambios na sociedade. As novas tecnoloxías axudáronnos moito estes anos poñendo nas nosas mans infinidade de recursos e acercándonos aos nenos. Os mestres somos agora unha parte esencial da sociedade. 




No hay comentarios:

Publicar un comentario