jueves, 12 de mayo de 2016

Que é para min Galicia?

Levo varios días dándolle voltas á mesma pregunta e aínda non sei como expresar con palabras o que é para min Galiza. 

Galiza é o lugar onde nacín, no que vivo, e no que intentarei seguir a vivir , aínda que cada vez mo poñan máis difícil. 

Gústame o que vexo na Galiza: as súas paisaxes impresionantes: mar, montaña, ríos, natureza en estado puro. O noso verde non o atopamos en ningún outro sitio.

Gustáme a gastronomía galega: os pescados máis frescos, o marisco máis exquisito, a mellor carne é a da terneira galega. En ningún sitio se come un caldo ou un cocido tan saboroso como en Galiza. E non nolo ten que preparar ningún cociñeiro con infinitas estrelas Michelin, nin temos que pagar en restaurantes de luxo para saborear estes pratos. En calquera casa hai alguén que prepara estes pratos coas receitas que foron pasando de xeración en xeración. E xa mellor non falo do nosos  postres típicos.

Gústame o galego, gústame que teñamos un idioma propio, diferenciado do resto. Un idioma fermoso con palabras máis fermosas aínda: morriña, bolboreta, arco de vella, agarimo, orballo, toxo, agasallo, riquiño, praia...Un idioma polo que se loitou durante anos. Un idioma que quixeron facer desaparecer, pero non o conseguiron, e hoxe en día segue máis vivo que nunca.

Gústame ter un Día das Letras Galegas para homenaxear aos nosos escritores porque grazas a eles o galego chega moi lonxe.

Gústanme as festas tradicionais galegas, o entroido, o samaín. Festas que só un galego pode entender porque parten das nosas tradicións.

Gústame a arquitectura galega, con edificios tan nosos como os hórreos ou os pazos.

Gústanme moitas cousas máis, todas elas forman a miña identidade, que se vai formando a través delas, a través de todas as vivencias que experimento aquí, na Galiza. Polo tanto, isto é Galiza para mín. É quen me vai axudando a ser como son.




No hay comentarios:

Publicar un comentario